Ven para quedarte

Ofrecémoste un reencontro coa natureza

A nosa plataforma permitirá combinar o arrendamento a medio e longo prazo, teletraballo e unha alimentación e estilo de vida saudables.

Ofrecemos un entorno dixital onde se presenta unha oferta de inmobles rurais adaptados tecnolóxicamente para o traballo en remoto, unhas posibilidades de vivencias e ocio que resulten atractivas e de interese para un colectivo que busca unha alimentación saudable nun reencontro coa natureza.

O meu legado, o teu fogar

Legacyhouse esfórzase por recuperar e poñer en valor o patrimonio rural, a súa cultura e calidade de vida, mostrando a diversidade de posibilidades de ocio, saúde e benestar, creando experiencias que sen dúbida fortalecerán o valor do legado familiar.

Creamos este espazo de encontro multidisciplinar co firme propósito e total convencemento das enormes posibilidades de poñer en valor inmobles baleiros en enclaves rurais, da dinamización socioeconómica do entorno mediante a difusión das actividades deportivas, gastronómicas e sociais das que poder participar e desfrutar.

Levar un estilo de vida saudable e uns bos hábitos alimenticios, a posibilidade de cultivar o que comes, a través dunha pequena horta ou produtos de proximidade.

Sen perder a conexión

Facilitamos un inventario de propiedades equipadas coas instalacións axeitadas para que podas levar a cabo as túas ocupacións profesionais sen interrupcións e dunha forma áxil e segura.

Asegurámonos de que teñas unha ampla gama de elección e poidas decidir onde residir en función das túas preferencias. Queremos manter o teu espírito viaxeiro.

¿Tes alguhna dúbida?

Ponte en contacto con nós e resolveremos todas as túas preguntas.

Contáctanos