O teu legado

A túa casa non debería ser un gasto.

Unha casa non debería ser un gasto, debería ser un ingreso e un ben que poder desfrutar e poder pasar aos teus fillos o día de mañá.

A casa deixará de ser un lastre para a familia. Converterase nun activo que xerará ingresos e que poderá seguir formando parte da familia como un legado que pasará de pais a fillos.

Non vendas o teu legado, únete a Legacy House

Menos robos
As casas habitadas teñen un menor risco de roubo.
Esquécete de airear
As casas necesitan vida, alguén que abra as contras.
Dispoñible para ti
Desfrútaa os meses que queiras, alúgaa cando non a usas.
Protexemos o teu ben
Contrataremos un seguro anti-ocupas para que non teñas que preocuparte.

O mellor para os nosos viaxeiros

LEGACYHOUSE asegura aos viaxeiros unha calidade básica dos inmobles, facilitando todos os datos necesarios para unha acertada toma de decisións. Estado da vivenda, elementos do entorno, servicios adicionais e descrición da ruta de actividades, serán realizados coa maior precisión.

Estaremos moi atentos ao seguimento da túa experiencia para asegurarnos de que a túa estancia resulte dunha plena satisfacción.

Queremos que te sintas un máis da comunidade onde decidas residir. Trataremos de facilitar os detalles sobre o patrimonio inmaterial, artesáns da zona, formación en cultivos, consumos de proximidade, vellas costumes do lugar, etc...

¿Tes algunha dúbida?

Ponte en contacto cos nós e resolveremos todas as túas preguntas.

Contáctanos